Conta a lenda galega que hai moitos anos vivía un señor nas montañas do Courel moi parecido ao mundialmente coñecido Papá Noel. A aula de 4 anos quixo saber máis e por iso indagamos sobre este personaxe e ¡SORPRESA! Conseguimos que viñera visitarnos.
O Apalpador e un perxonase lexendario galego que leva regalos aos nenos polo Nadal. O Apalpador vive nos montes de Galicia. Sae da súa casa o 31 de decembro e visita aos nenos e nenas que están dormidiños, tócalles a barriguiña para ver se teñen fame ou están cheos. Se están cheos deséxalles que sigan así todo o ano e déixalles un puñado de castañas e un agasallo; se están famentos non lles di nada pero tamén lles deixa un puñado de castañas e un agasallo. O Apalpador caracterízase pola súa barba e pelo de cor cobrizo e adícase a facer xoguetes de madeira.
Chegou pola aula a paso lento, con bastón, un candil e un saco. Ao principio quedamos un pouco asustados, pero deixamos que falase e nos contase sobre el. Deixounos ver, tocar todo o que traia, axudámolo a apagar o candil, para que tivese despois á noite para volver a súa casa, menos o saco que o deixou para o final.
As historias que sabiamos do Apalpador era que tocaba as barrigas dos nenos e ben sabía quen comía moito doce ou quen comía de todo e de forma saudable. E así o fixo, palpounos un a un as nosas barriguiñas. ¡Facíanos moitas cóxegas!
Durante a visita, tivemos outra profe, Bea, que non quixo perder este momento e que se deixou apalpar a barriga, porque se nos di que estamos ben mantidos, danos unha castaña máxica que debemos gardar e que nos traerá sorte.
Ao final descubrimos que no saco, o señor Apalpador traía agasallos para todos, regalounos o CALENDARIO DE ADVIENTO que cada neno vai abrir un día e descubrir a sorpresa que nos deixa; deunos unha CASTAÑA a cada un por tocarnos a barriga e por último: un XOGUETE.
¡MOITAS GRAZAS! Gustounos esta visita, rápida, corta, pero intensa, e que nos deixou momentos anecdóticos moi divertidos e a ilusión en cada neno indescritible. Gustaríame dar as grazas unha vez máis a todas aquelas persoas que contribuiron nesta actividade, en especial, á profe Rocío por dar vida a este personaxe (cada día superaste) Un biquiño de parte de todos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario