lunes, 18 de mayo de 2020

El cole en casa: As nosas Letras galegas

 Bos días familias!!
Cada 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas, unha data que conmemora a edición de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro en 1863. 



O autor homenaxeado este ano é Ricardo Carvalho Calero (1910-1990), unha das figuras máis importantes da cultura galega do século XX, en especial pola súa contribución ao estudo da literatura galega, polo maxisterio que exerceu como primeiro profesor e catedrático universitario de Lingüística e Literatura Galega e pola influencia que atinxiron as súas ideas sobre o idioma galego. 

 Este ano imos dedicar este día a Ricardo Carvalho Calero e por iso preparamos moitas actividades para realizar en familia e achegarnos a este autor.  Nosos amigos Os Bolechas convídannos a ler este libro.



Convídovos a ver en familia este video sobre Carvalho Calero:


As pitas baixo a choiva é un relato breve que narra un feito anecdótico da infancia do autor. Descobre o neno desde a fiestra da casa que as pitas estanse a mollar e el téntaas facer entrar ó galiñeiro; elas asústanse e, ao final, todos os membros da familia acaban mollados como pitos.





Aquí tedes actividades sobre o autor...




Como sodes uns grandes artistas, podedes participar no I Certame Infantil de Artes Plásticas Feiraco 2020. Estas son as bases do concurso. Podes enviar unha obra artística que plasme que é para ti o galego. 


XOGANDO CON CARVALHO CALERO 



 E por último, como xa sabedes, nós vivimos en Galicia. Entón imos recordar cómo é a súa bandeira e o noso himno galego. Deica maña familias!!!





It´s english time!













 








No hay comentarios:

Publicar un comentario