Ao longo desta semana achegámonos á nosa cultura galega para conmemorar este día tan especial para todos nós. Este ano adícase ao escritor lucense Manuel María e por iso o primeiro que fixemos foi indagar sobre él: Onde naceu, que facía, como falaba, que letras ten o seu nome...
Entre todos nós decidimos facer a bandeira de Galicia co nome do escritor!!! Escoitábamos o noso himno galego.
Pero onde esta Galicia, que idioma se fala, cal é o traxe típico, doces, música, monumentos, instrumentos...??? Achegámonos á nosa cultura a través dun gran grupo de persoas recentemente chegados de Vigo: Sonia, Iris, Elia, Juanca e unha galeguiña moi especial, Rocío (a nosa profe de audición e linguaxe). Xuntos fixeron unha experiencia chea de ledicia, baile e tradicións. Ollade, ollade...
Xuntos bailamos a "Saia da carolina", unha canción típica galega que preparamos ao longo da semana con moita ilusión.
Ollamos e escoitamos un montón de instrumentos típicos da nosa terra... o que máis nos gusta é o bombo!!!
A nosa profe Rocío fálanos do traxe típico e ensínanos a bailar a muiñeira!!!
Abraiados con Elia... fai música cunha lata!!!
Graciñas por facer deste día unha gran festa!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario