sábado, 23 de abril de 2016

¡¡¡Os bolechas no noso cole!!!

Como moitos xa sabedes, o xoves pasado tivemos un visita moi especial que fixo as delicias dos nosos nenos: Os Bolechas! 


Seis irmáns, os seus pais e a súa inseparable mascota Chispa son os protagonistas da máis importante e afamada serie da nosa literatura infantil. Con máis de 400 títulos publicados e preto de 1.500.000 exemplares distribuídos, causan furor entre nenos e nenas e o máis importante, contribuén a fomentar o gusto pola lectura e na promoción e difusión da lingua galega.
Un dos momentos máis especiais foi a súa entrada no patio e o recibimento polos máis pequenos:



Os pequenos puideron tocar, apertar, bailar, brincar... coas súas perxonases favoritas!! Ollade, ollade...





E por último, Sorpresa!!! O camión de bombeiros, que ilusión porque estamos a traballar neste proxecto!!!





Foi unha tarde divertida e chea de emocións, onde os nosos pequenos puideron disfrutar acompañados destes benqueridos personaxes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario