Fin de festa!!! Onte pola tarde celebramos o día das letras galegas no cole cun pequeno festival de música tradicional no que actuou un grupo instrumental galego. Xuntos bailamos a "Saia da carolina", unha canción típica galega que preparamos ao longo da semana con moita ilusión. E tamén Ollamos e escoitamos os instrumentos típicos da nosa terra... o que máis nos gusta é o bombo!!!
Grazas aos pais de Leo por colaborar connosco e vir ao cole para amosarnos o seu bo facer musical. Grazas a Andrea, Lucía e Manuel.
GRAZAS polo voso traballo e ilusión!!!
Graciñas por facer deste día unha gran festa!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario