jueves, 16 de mayo de 2019

Letras Galegas con moita ilusión!!!

Cada 17 de maio, na cerna da primavera, celebramos que en Galicia temos unha lingua e unha literatura propia. A través dela rememoramos o pasado, nomeamos o presente e construímos o futuro.
Esta semana das letras galegas estivo dedicada a  Antonio Fraguas. A Real Academia Galega elixiu nesta ocasión un home que traballou arreo para difundir os tesouros que herdamos dos galegos e galegas que nos precederon: a lingua e a cultura popular. A súa vida é un exemplo de paixón polo coñecemento e polo país.


Nestes días achegámonos á nosa cultura galega para conmemorar este día tan especial para todos nós. E por iso o primeiro que fixemos foi buscar información sobre Antonio Fraguas na nosa pizarra dixital: Onde naceu, que facía, como falaba, que letras ten o seu nome... Ollade todo o que aprendemos con moita ilusión!!




Pero onde esta Galicia, que idioma se fala, cal é o traxe típico, doces, música, monumentos, instrumentos...??? Achegámonos á nosa cultura a través xogos, contos, cancións...






Entre todos nós decidimos facer unha máscara de Antonio Fraguas. Pintamos, picamos e recortamos con moito coidado!!















No hay comentarios:

Publicar un comentario