viernes, 23 de febrero de 2018

Rosalía pequeniña e os nenos de 4 anos

Rosalía é unha das figuras máis coñecidas queridas e admiradas da nosa literatura. Defensora do noso, da nosa cultura, a nosa lingua e a nosa terra; tamén foi unha defensora da figura feminina.

Forte, valente, aventureira e alegre, esa é a Rosalía pequeniña que todos levamos dentro e esa foi a Rosalía que os nenos de catro anos coñeceron. Indagamos da súa vida onde naceu, SANTIAGO DE COMPOSTELA, onde viviu, PAXON e MADRID. 

Rosalía foi valente e una rebelde rebuldeira que rompeu esteriotipos e se dedicou a escribir e a publicar os seu poemas que chegaron a nós para que os puideramos desfrutar. Así recitamos na clase “Adeus ríos, adeus fontes”, “Parece una rosa”..pero a poesía e tan musical que preferimos a súas versións musicadas de Uxía e o seu Rosalía pequeniña que nos acompañou nesta investigación. 
Grazas a Profe Manuela puidemos ver a Rosalía un ratiño e preguntarlle cousas de como vivía e como era. E para agradecerllo a ela e para conmemorar a Rosalía no seu día cantamos o poema de Curros que lle dedicou a escritor “No bico un cantar”. 

Aquí deixamos un vídeo feito pola nosa tan querida profe Manuela con moito amor e cariño de todo o que desfrutamos nesta semana descubrindo a Rosalía. 


 Como Rosalía,  
valentes e aventureiros, 
rebeldes e rebuldeiros, 
cunha estrela na frente,
 cun cantar na frente 
Animámosvos a que vos Rosaliedes.
  #ROSALIATE

No hay comentarios:

Publicar un comentario