domingo, 18 de febrero de 2018

Despedimos o Entroido: Proxecto "O noso Entroido"

Esta semana rematamos o noso proxecto "O noso Entroido" que vos queremos amosar...
 Como vos ourensáns e ourensanas celebramos con paixón a nosa festa máis grande e fixémolo a través dos seus elementos más típicos.


Coñecemos os traxes típicos, un pouco da súa historia e as súas características mais importantes.






 ¡Son moitos e moi bonitos!: os merdeiros, os cigarróns, os boteiros, os troteiros...  e as pantallas!!!, as favoritas da profe Patricia e tamén as nosas. Puidemos tocar e desfrutar o seu traxe, qué experiencia!!  A máscara dábanos un pouco de medo o principio pero tras poñela as cousas vense diferente. O cinto de campás fai un ruído atronador e pesa moito. Pero sen dúbida as fedorentas vexigas captaron a nosa atención. 





 Pero non só hai traxes tamén hai comidas a parte favorita da profe Manuela que non dubidou en achegarnos a clase doces típicos de carnaval para desfrutar na nosa particular entroidada. 




Quixo que nos participaramos axudándolle a estender as orellas. Que divertido!!




  E para rematar o entroido e as súas tradicións non podemos despedilo doutra forma que non sexa a tradicional. Un verdadeiro enterro da sardiña na clase!!  


Primeiro pintamos a nosa sardiña, buscámola pola clase e con axuda dunha planideira levámola en procesión ata a fogueira.



 Deixámosvos un vídeo da nosa festa máis triste.


Adeus traxes típicos 
 Adeus pallaso 
Adeus fantasía 
Adeus comida típica 
 Adeus alegría  
Adeus arlequín  
Adeus diversión 
 Adeus música   
 Adeus entroido querido

No hay comentarios:

Publicar un comentario