Para iso, no noso taller do pequeno investigador, exploramos a auga descubrindo as súas propiedades a través dos nosos sentidos e mirade... ¡¡¡Cántas cousas aprendimos!!!
Hai auga o noso arredor, en diferentes cantidades non só nos mares, ríos e océanos si non tamén no noso corpo, nas plantas, verduras e frutas... Hai que consumir a auga de forma responsable, a necesitamos para vivir!!!
Outro taller que levamos a cabo, para conmemorar esta data, e o de plantar tres sobres de sementes da planta Aneto, para que, os nenos poidan regalas. A auga é vida e non hai mellor xeito de mostralo ca vendo medrar unha planta!
Temos un regador pregable pensado para recoller a auga fría que malgastamos cada día mentres agardamos a que saia a auga quente. Despois, a auga recollida ten moitos usos como regar as prantas, dar de beber ás mascotas, xa non tirar da cadea...
AGORA A COIDAR A AUGA RAPACES!!!
A auga vén de lonxe, salta e corre leda, pero ao chegar á casa séntese cansa, adormece e soña cunha billa máxica...Cando abres esa billa, a auga esperta e escapa. E cando pechas a billa, volve durmir moi feliz...Fai un uso responsable dela!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario