viernes, 24 de febrero de 2017

Homenaxe a Rosalía de Castro

 Nesta ocasión os peques de Educación Infantil renderon homenaxe a esta gran poetisa coñecendo a súa vida ... a través da propia escritora.


 Rosalía compartiu connosco unha pequena xornada falándonos sobre a súa vida; loitadora, defensora da súa Terra, da súa lingua ... Realizando un pequeno taller de máscaras, ensinándonos un poema, cantando cancións como “Adeus ríos, adeus fontes” ... Unha xornada improvisada pero cun resultado moi asombroso para os nosos pequenos.
Así nos quedamos ao vela .... 















Unha vez máis gustaríame dar as grazas á miña compañeira e profesional do seu traballo: Rocío (profesora de Audición e Linguaxe do noso centro) que co seu cariño, dedicación e alegría da vida a persoeiros  para que nenos e nenas gocen aprendendo. É un pracer e un luxo  poder contar contigo. Parabéns Rocío! Non deixas de sorprendernos! 


Parabéns Eva polo traballo feito nestes vídeos. Grazas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario