Nada mellor nestas datas que recibir aos nosos personaxes favoritos... Os Bolechas, que con máis de 400 títulos publicados e preto de 1.500.000 exemplares distribuídos, causan furor entre os nosos nenos e nenas e o máis importante, contribúen a fomentar o gusto pola lectura e á promoción e difusión da lingua galega.
Nesta ocasión achegámonos ao Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense para asistir á presentación dun novo libro "Os Bolechas van aos balnearios de Ourense", no que percorren a provincia visitando os distintos balnearios e a nosa riqueza termal.
Ademais de realizar distintas actividades cos nosos personaxes favoritos ( talleres de deduxo, maquillaxe, fotos, chapas...) recibimos de agasallo dous libros: "Os Bolechas van aos balnearios de Ourense" e "Os Bolechas van a Ourense".
Os pequenos puideron tocar, apertar, bailar, xogar... coas súas personaxes favoritas!! Ollade, ollade...
Foi unha mañá divertida e chea de emocións, onde os nosos pequenos puideron disfrutar acompañados destes benqueridos personaxes. GRAZAS a todo o persoal que fixo posible esta experiencia!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario