✨ Na terceira xornada dos #ErasmusDays, o alumnado de Infantil e ESO uniu as súas mans, a súa creatividade e a súa ilusión para dar vida á nosa Árbore dos Valores Europeos. 🌍🤝
🖐️ Unha árbore moi especial, formada polas pegadas das súas mans e chea de follas de cores nas que florecen valores como o respecto, a igualdade, a solidariedade, a paz, a liberdade e a convivencia. 🌸🍀💚
📍 A nosa árbore xa está no vestíbulo! Non deixedes de achegarvos a descubrila e, sobre todo, de ler as fermosas mensaxes que o noso alumnado pendurou nela. 💌🥰









No hay comentarios:
Publicar un comentario