✨ Comezamos a xornada dos #ErasmusDays dedicada ao alumnado cunha actividade moi especial! 🇪🇺 💙
O alumnado de 4º da ESO visitou a aula de 4 anos de Educación Infantil para compartir unha fermosa sesión de contacontos. 🧑🏫 👧 📖 💕
Nesta ocasión, narráronlles a historia «No hay color», un precioso conto que nos convida a descubrir a riqueza da diversidade, a valorar as diferentes identidades e a comprender que as nosas diferenzas nos enriquecen. 🌍 🤝 💖
Porque a diversidade, o respecto e a inclusión son valores fundamentais da Unión Europea 🇪🇺, e tamén forman parte da esencia do programa Erasmus+: aprender uns dos outros, compartir experiencias e construír unha Europa máis unida, aberta e inclusiva. 💙 💛





No hay comentarios:
Publicar un comentario