Hoxe tivemos unha actividade promovida polo Concello de Ourense que trata de fomentar o uso do galego nos nenos pequenos e promover a lectura de contos. "Verbateca" é un taller que consistiu na realización de diversos xogos nos que traballamos aspectos tan importantes coma a memoria, a observación, a expresión oral e corporal, a coordinación, os coñecementos de palabras en lingua galega sobre diferentes temáticas, o traballo en equipo, a identidade cultural e lingüística… etc. Repasamos palabras relacionadas cos animais, partes do corpo, profesións, cores, natureza,… etc. Deste xeito todos xuntos/as aprenderemos a xogar en lingua galega!
Os obxectivos que persigue este programa son os seguintes:
Potenciar o traballo en equipo.
Aumentar o vocabulario da nosa lingua.
Crear unha comunicación afectiva e directa na que os alumnos e alumnas participen activamente. Manter unha boa actitude de escoita.
Motivar á lectura por medio da oralidade.
Fomentar a imaxinación e a creatividade.
O rematar a actividade levamos como agasallo un cofre do tesouro con verbas en galego de animáis, cores, e máis vocabulario.
Moitas grazas. Pasámolo xenial
No hay comentarios:
Publicar un comentario