Os tres porquiños Maruxa, Xaquín e Fuco visitan os centros de educación infantil de Galicia para contar a verdadeira historia dos tres cerditos a través dunha sesión de contacontos realizada polos contacontos Cris de Caldas e Xabi do Camiño.
Os tres irmáns reescriben o tradicional conto para promocionar os bosques na loita contra o cambio climático, xa que capturan o CO2, albergan biodiversidade de animais e árbores, e proporcionan alimentos e produtos reciclables. Iniciativa de Fearmaga cofinanciada pola Axencia Galega da Industria Forestal.
Moitas grazas. Pasámolo xenial
No hay comentarios:
Publicar un comentario