Forte, valente, aventureira e alegre, esa é a Rosalía pequeniña que todos levamos dentro e esa foi a Rosalía que os nenos de catro anos coñeceron. Indagamos da súa vida onde naceu, SANTIAGO DE COMPOSTELA, onde viviu, PAXON e MADRID.
Rosalía foi valente e una rebelde rebuldeira que rompeu esteriotipos e se dedicou a escribir e a publicar os seu poemas que chegaron a nós para que os puideramos desfrutar. Así recitamos na clase “Adeus ríos, adeus fontes”, “Parece una rosa”..pero a poesía e tan musical que preferimos a súas versións musicadas de Uxía e o seu Rosalía pequeniña que nos acompañou nesta investigación.
Para conmemorar a Rosalía no seu día cantamos o poema de Curros que lle dedicou a escritor “No bico un cantar” e no taller de plástica fixemos unha careta de súa cara.
Aquí deixovos un vídeo feito con moito amor e cariño de todo o que desfrutamos nesta dúas semanas descubrindo a Rosalía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario