¡Que alegría! Encántanos recibir visitas e máis unha tan especial. Cando entrou pola clase as nosas caras reflexaban o que nos pasaba pola cabeza non o podiamos crer estaba aí realmente e puidemos abrazalo, tocalo... ¡Que barba! ¡Que voz! ¡Que altura! ¡Que amable!
É certo o que limos nos contos o Apalpador sempre ten bo humor e sentouse con nós a contarnos como foi a súa viaxe andando dende a súa casa ata chegar a vernos.
Ademais, ata nos contou unha das súas historias.Tamén nos dixo que día pasa polas casas o 31 de Decembro, o último día do ano.
Con agarimo, o Apalpador aloumiñounos as barrigiñas para ver se están mantidos. E como todos coméramos moito…contento deunos a cada un, un pequeno agasallo feito coas súas mans e unas castañas para seguir mantidos todo o ano.
Moitas grazas Apalpador pola visita, moitas grazas aos colaboradores que permitiron que nos visite este personaxe cheo de maxia. . Grazas a profe Manuela e o seu irmán Ismael por a súa ilusión, ledicia e por conseguir sacar do conto e traelo a realidade, foi o mellor regalo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario