viernes, 30 de enero de 2026

Axudantes da PAZ

 Con motivo do Día da Paz, os peques de Educación Infantil gozamos dun contacontos na biblioteca coa historia “A pomba da paz”. Despois da lectura, convertémonos en 💙 axudantes da paz 💙 e pensamos entre todos accións sinxelas para mellorar a convivencia: 

🤝 compartir 

🙏 pedir perdón 

👂 escoitar 

🤍 axudar 

🗣️ falar para resolver os problemas 

 A través dos contos seguimos aprendendo valores para convivir con respecto dende pequenos 🌈✨














































No hay comentarios:

Publicar un comentario