Rosalía é unha das figuras máis coñecidas queridas e admiradas da nosa literatura. Defensora do noso, da nosa cultura, a nosa lingua e a nosa terra; tamén foi unha defensora da figura feminina.
Forte, valente, aventureira e alegre, esa é a Rosalía pequeniña que todos levamos dentro e esa foi a Rosalía que os nenos de catro anos coñeceron. Indagamos da súa vida onde naceu, SANTIAGO DE COMPOSTELA, onde viviu, PAXON e MADRID.
Rosalía foi valente e una rebelde rebuldeira que rompeu esteriotipos e se dedicou a escribir e a publicar os seu poemas que chegaron a nós para que os puideramos desfrutar. Así recitamos na clase “Adeus ríos, adeus fontes”, “Parece una rosa”..pero a poesía e tan musical que preferimos a súas versións musicadas de Uxía e o seu Rosalía pequeniña que nos acompañou nesta investigación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario