viernes, 13 de diciembre de 2019

Aí ven " O Apalpador"

 O Apalpador vive nas devesas do Courel desde hai tantos anos que ninguén sabe xa cantos ten. Pasa día a apañar madeira para facer o carbón. E no outono aproveita a viaxe e tamén vai ás castañas. De volta a casa, senta a carón da lareira e escolle con moito agarimo a madeira máis seca e de mellor calidade, saca a súa navalla e ponse a entallar. E así un día e outro, e outro, e outro… Ata que canso de estar só decidiu escribirnos e vir a nosa clase a facernos unha visita.


 ¡Que alegría! Encántanos recibir visitas e máis unha tan especial. Cando entrou pola clase as nosas caras reflexaban o que nos pasaba pola cabeza non o podiamos crer estaba aí realmente e puidemos abrazalo, tocalo... ¡Que barba! ¡Que amable!









É certo o que limos nos contos o Apalpador sempre ten bo humor e sentouse con nós a contarnos como foi a súa viaxe andando dende a súa casa ata chegar a vernos.





Ademais, ata nos contou unha das súas historias.Tamén nos dixo que día pasa polas casas o 31 de Decembro, o último día do ano.





Con agarimo, o Apalpador aloumiñounos as barrigiñas para ver se están mantidos. E como todos coméramos moito…contento deunos a cada un, castañas para seguir mantidos todo o ano. 


















Moitas grazas Apalpador pola visita, moitas grazas Manuela por permitir que nos visite este personaxe cheo de maxia. . Grazas por a túa ilusión, ledicia e por conseguir sacar do conto e traelo a realidade, foi o mellor regalo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario