Esta semana das letras galegas estivo dedicada a Antonio Fraguas. A Real Academia Galega elixiu nesta ocasión un home que traballou arreo para difundir os tesouros que herdamos dos galegos e galegas que nos precederon: a lingua e a cultura popular. A súa vida é un exemplo de paixón polo coñecemento e polo país.
Nestes días achegámonos á nosa cultura galega para conmemorar este día tan especial para todos nós. E por iso o primeiro que fixemos foi buscar información sobre Antonio Fraguas na nosa pizarra dixital: Onde naceu, que facía, como falaba, que letras ten o seu nome... Ollade todo o que aprendemos con moita ilusión!!
Pero onde esta Galicia, que idioma se fala, cal é o traxe típico, doces, música, monumentos, instrumentos...??? Achegámonos á nosa cultura a través xogos, contos, cancións...
Entre todos nós decidimos facer unha máscara de Antonio Fraguas. Pintamos, picamos e recortamos con moito coidado!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario