A auga é un ben natural escaso. Cada día desperdiciamos moitos litros facendo malos usos dela. Cómpre crear conciencia nos nenos desde pequenos para que fagan un uso responsable deste recurso.
Para iso, no noso obradoiro do pequeno investigador, exploramos a auga descubrindo as súas propiedades a través dos nosos sentidos e mirade... ¡¡¡Cántas cousas aprendimos!!!:
-. A auga ten forma do recipiente que a contén.
-. Se a movemos soa.
-. Non ten olor.
-. Non ten sabor.
-. A auga e transparente.
-. Hai obxetos que se afunden e flotan.
Hai auga o noso arredor, en diferentes cantidades non só nos mares, ríos e océanos si non tamén no noso corpo, nas plantas, verduras e frutas... Hai que consumir a auga de forma responsable, a necesitamos para vivir!!!
AGORA A COIDAR A AUGA PEQUES!!! A auga vén de lonxe, salta e corre leda, pero ao chegar á casa séntese cansa, adormece e soña cunha billa máxica...Cando abres esa billa, a auga esperta e escapa. E cando pechas a billa, volve durmir moi feliz...Fai un uso responsable dela!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario