Seis irmáns, os seus pais e a súa inseparable mascota Chispa son os protagonistas da máis importante e afamada serie da nosa literatura infantil. Con máis de 400 títulos publicados e preto de 1.500.000 exemplares distribuídos, causan furor entre nenos e nenas e o máis importante, contribuén a fomentar o gusto pola lectura e na promoción e difusión da lingua galega. Un dos momentos máis especiais foi a súa entrada no patio e o recibimento polos máis pequenos. Puideron tocar, apertar, bailar, brincar... coas súas perxonases favoritas!! E por último, Sorpresa!!! O camión de bombeiros con Chispas!!!
Foi unha tarde divertida e chea de emocións, onde os nosos pequenos puideron disfrutar acompañados destes benqueridos personaxes. Grazas BOLECHAS!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario