domingo, 19 de noviembre de 2017

O Magosto

Despois de tantos preparativos e esperas por fin chegou unha festa moi importante para a nosa cidade: O MAGOSTO, a festa da castaña. Despois de pintalas, tocalas, cheiralas e probalas queríamos celebrar unha festa con elas.
O magosto é a festa de celebración do outono onde comemos castañas asadas que as castañeiras e s castañeiros asan nos seus postos durante o mes de novembro na rúa do Paseo adornando a rúa cos seus trens e o arrecendo das castañas.
Tras a excursión do día anterior vimos e estivemos cunha auténtica castañeira, pero a profe Manuela tamén quixo ensinarnos o seu traxe de castañeira emprestado pola castañeira Filipa. Vimos como se puña a saia, o mandil para non lixarse coas castañas que cando están asadas mánchanos de negro. Tamén levaba unha toquilla para protexerse do frío e un pano na cabeza.
Contounos que para asar as castañas temos que facerlle un corte ou estourarán e tras esperar un anaquiño na fogueira que fixemos na clase apareceron as castañas asadas. ¡Que ricas! Son doces e de cor amarela.
Pero nunha festa tamén temos que bailar e coa música de Vivan las castañas bailamos e cantamos.

Xa estábamos preparados para lixarnos como non tiñamos carbón usamos pintura negra. ¡Que divertido!













No hay comentarios:

Publicar un comentario