As nosas letras galegas están de festa e quixemos celebrar o seu día coñecendo as nosas tradicións e a nosa cultura. A música e a danza foron o eixo desta conmemoración. O traxe tradicional, a muiñeira como danza e os tres instrumentos (gaita, tambor e pandeireta) básicos no floclore galego. Pasámolo xenial bailando e tocando.
Moitas grazas á profe Tamara e a Patricia, a gaiteira, por visitarnos e regalarnos unha fantástica sesión de música tradicional galega.
Encantounos! Feliz Día das Letras Galegas!