Onte á mañá tivemos unha interesante actividad de saúde buco-dental ofertada pola concelleria de Educación do concello de Ourense, a cargo de Lorena unha fantástica hixienista dental. Unha boa alimentación é recoñecida en todos os lugares promocionando a súa importancia, adquisición e posta en práctica de distintos hábitos, pero, igual de importante, son os comportamentos encamiñados a ter unha boa hixiene buco-dental posto que, sen ela, non podemos ter unha vida saudable, e é causa directa e indirecta de moitas enfermIdades que poderían ser evitadas. Unha boa alimentación sen unha correcta hixiene buco-dental é un traballo a medio camino.
Así como o pediatra ve os nenos/as dende o seu nacemento é aconsellable que os seus país os leven ao odontopediatra dende que os primeiros dentes están presentes na súa vida. E logo dende a idade de preescolar debemos axudarlles a implantar rutinas axeitadas para que os nosos pequenos as interioricen e non teñan problemas futuros fáciles de previr, relacionados coa saúde bucal. Dende a escola e coa colaboración da familia deben fomentarse estas cuestións.
OBXECTIVOS:
-.Conseguir que os alumnos coñezan a importancia de conservar e manter unha adecuada hixiene oral, ademáis de fomentar hábitos que, aplicados desde a infancia, podan evitar enfermidades bucodentales posteriores.
-.Realizar un correcto cepillado dos dentes
-.Identificar as principales partes da boca e seu utilidade.
-.Descubrir os principais amigos inimigos da sáúde bucodental.